Xornalista e cineasta nacido en Brasil. Tén Mestrado en Comunicación Audiovisual pola Universidade Anhembi Morumbi (São Paulo) e en Comunicación e Xestión de Industrias Creativas pola Universidade do Porto.
Como realizador, iniciou a súa carreira con filmes independentes producidos en vídeo na década de 1990. Desde aquela, aventurouse por varios xéneros (terror, comedia, documental) e tivo os seus traballos exhibidos en festivais como Fantasporto, en Portugal, e Sitges, en España.
Entre 2014 e 2019 foi xerente e programador da sala de cinema do Cine Santander Cultural, unha das máis importantes do sur de Brasil.
Afincado en Portugal desde o 2019, Felipe forma parte actualmente do equipo de formadores do proxectos CINEpoesía, Os Lumière na Sala de Aula e Um Minuto, Um Filme, todos desenvolvidos por AO NORTE, Associação de Produção e Animação Audiovisual.