O Olloboi 2026 baixou o pano deixando detrás unha desas edicións que permanecen na memoria: encontro, cinema, e creación compartida coa rapazada como auténtica protagonista.
Durante a mañá, na Muchachada participaron centros educativos de Santiago de Compostela, Rianxo e Boiro. As aulas nas unitarias do Concello de Boiro convertéronse en espazos de imaxinación e rodaxe onde, da man dos cómplices e das informantas da Unión de Muchachas, naceron cinco pezas audiovisuais creadas dende a liberdade, a emoción e a mirada propia da mocidade.
Pola tarde chegou o momento de compartir esas historias. Entre risas, nervios e aplausos, proxectáronse as pezas diante dun público entregado. A obra gañadora foi “Nos vellos tempos”, creada polo alumnado do IES Félix Muriel de Rianxo, unha peza que conseguiu emocionar e conectar coa sala.
A gala final converteu a Abadía de San Enrique nunha auténtica celebración colectiva. Centos de rapazas e rapaces chegados de distintos puntos de Galicia —e tamén do País Vasco— encheron o espazo de enerxía, alegría e cinema. Entre os centros premiados estiveron participantes de Rianxo, Boiro, A Coruña, Arteixo, Vigo, Redondela, Rábade e País Vasco.
O Olloboi péchase unha vez máis confirmando algo esencial: que cando á mocidade se lle dá espazo, tempo e confianza, aparecen historias capaces de emocionar, de facer comunidade e de mirar o mundo doutro xeito.
Queremos agradecer o apoio do Concello de Boiro e da Deputación da Coruña, o patrocinio de Jealsa, JJ Chicolino, Deleite e Eroski e a rede de asociacións, negocios locais e amigues que seguen facendo medrar este encontro ano tras ano: Urdime, Unión de Muchachas, Abadía de San Enrique, o Chiringuito da Retorta, Mascolor, Autos Ramón Outeiral, Clic Publicidade, Quality Impresión, 7 Melicias, Viso e unha mención moi especial para Thais Forján, creadora do universo visual desta edición.
E non queremos olvidarnos do agradecemento máis importante, á rapazada, todos aqueles novos creadores e creadoras sen os que nada disto tería sentido, e ao profesorado que pon o seu tempo e esforzo para permitirlles deixar voar a súa imaxinación.
Vémonos no próximo Olloboi!
PREMIO OLLOBOI PEQUE:
PREMIO OLLOBOI ESO:
- La pieza que falta, Fundación Zaragueta Zulaica Fundazioa
- Ex aequo: Estoy entre vosotros, IES Blanco Amor e Teoría da Relatividade, IES Rego de Trabe
PREMIO OLLOBOI BACH/CICLOS:
- Reading Odissey, IES Virxe do Mar de Noia
- Ex aequo: Segundos eternos e Su otro reflejo, ambos do IES Blanco Amor
PREMIO OLLOBOI +18: En el valle de la perseverancia, UVigo
PREMIO OLLOBOI 2030 (identidade, cine, terra): Que castróns son, CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, Dodro
PREMIO OLLOBOI PT:
- A Princesa na Torre, Frei Bartolomeu dos Mártires
- Erros Meus, Má Fortuna, Amor Ardente, Carteado Mena
MUCHACHADA: E imos andando así, IES A Cachada
Vídeos Edición 2026
-  
- 2026
- Archivo de la Memoria Popular Villa 20
- CEIP Alborada
- CEIP Curros Enríquez
- CEIP Eusebio da Guarda
- CEIP José Cornide
- CEIP Mar de Fóra
- CEIP O Bolo
- CEIP Ponte dos Brozos
- CEIP Ramón de la Sagra
- CEIP Sagrada Familia
- CEIP Torre de Hércules
- CEIP Zalaeta
- CIFP Audiovisual de Vigo
- Colexio Cid
- CPI de San Vicente da Baña
- CPI Eusebio Lorenzo Baleirón
- CPR Franciscanos
- Escola Básica da Abelheira
- Escola EB 2,3 Carteado Mena
- Escola EB 2,3 Frei Bartolomeu dos Mártires
- Fundación Zaragüeta Zulaica Fundazioa
- IES A Cachada
- IES Agra do Orzán
- IES As Barxas
- IES Chamoso Lamas
- IES Chapela
- IES de Sar
- IES Espiñeira
- IES Eusebio da Guarda
- IES Félix Muriel
- IES Los Batanes
- IES Monte Carrasco
- IES Monte Castelo
- IES Praia Barraña
- IES Puga Ramón
- IES Rafael Dieste
- IES Ramón Cabanillas
- IES Ramon Menéndez Pidal
- IES Río Miño
- IES Salvador de Madariaga
- IES Valmayor
Cómplices 2026
Patrocinadores e Colaboradores

Dpt. da Coruña
Financiador

Concello de Boiro
Financiador
Jealsa
Patrocinador
JJ Chicolino
Patrocinador

Deleite
Patrocinador
Eroski
Patrocinador
Urdime
Colaborador

Escola Música de Boiro
Colaborador

Abadía de San Enrique
Colaborador

Autos R. Outeiral
Colaborador

AC A Gamela
Colaborador

Unión de Muchachas
Colaborador

7 Melicias
Colaborador

Quality
Colaborador
Mascolor
Colaborador

Clic Publicidade
Colaborador

Viso
Colaborador


















































































