Graduada en Interpretación Textual pola ESAD de Galicia, completou a súa formación da man de profesionais como Carlos Sedes, Fernando Tato e Álex Rigola.
Iniciou a súa carreira no cinema coa longametraxe Eles transportan a morte, de Helena Girón e Samuel M. Delgado, estreada na Settimana Internazionale della Critica de Venecia en 2021. Tamén tivo a oportunidade de traballar coa fotógrafa internacional Olivia Arthur, de Magnum Photos, na súa primeira curtametraxe The Stop Game. Dende entón, participou en proxectos de directoras emerxentes galegas como Lique, de Anita Pico, ou Rent a Pal, serie dixital de Irene Pin dispoñible en AGalega, e tamén en producións de maior formato como a segunda tempada de Clanes.
No ámbito teatral, en 2023 formou parte do elenco de Soños, unha montaxe de Culturactiva dirixida por Tamara Canosa, e en 2024 participou na peza Os actos e as profecías, producida polo Centro Dramático Galego.
