Sara Traba

A linguaxe audiovisual ofrécelle a oportunidade, a través da súa expresión artística máis persoal, de explorar temas como a identidade, o espazo e o patrimonio. Cuestións que parten dunha mirada que observa os procesos presentes na natureza.

Como cineasta, ademais de dirixir e escribir guións, traballa como operadora de cámara e montadora en proxectos documentais, de ficción, musicais e corporativos. Diplomada en Cinematografía pola Escola de Cinema de Barcelona, Sara forma parte da coordinación do festival galego-portugués de cinema Mulleres, Patrimonios, Sociedade.