Muchachada 2026
Este ano na Muchachada quixemos facer unha homenaxe á educación e tratar o tema das escolas unitarias, escolas para os máis cativos e das que cada día quedan menos por falta de alumnado.
Para isto contamos coa colaboración de Pili Mariño, que asistiu á unitaria de Abanqueiro, da que está planificada a súa reconversión en Centro Social; Rosana, que asisteu á de Vilariño, pechada desde o 2010 e na que se estiveron facendo tarefas de rehabilitación por parte do Concello de Boiro; Eva, da unitaria do Saltiño, hoxe sede da Unión de Muchachas. Esta última entidade colaboradora desde fai anos do festival e da que saca o nome a Muchachada; Pili Ouviña, da de Bealo, tamén pechada e para a que se está proxectando a súa rehabilitación e Marga Vidal Ozores e José Bandín Vidal, nai e fillo que asistiron á unitaria de Esteiro, a día de hoxe reconvertida en Centro Social.
As localizacións de grabación foron 3 antigas unitarias, a do Saltiño, a de Esteiro e a de Triñáns, que hoxe en día está completamente pechada.
 
Nesta edición da Muchachada 2026 contamos coa participación dos seguintes coles:
- IES A Cachada, coa informanta Pili Mariño e as cómplices Sara Ferro e Lucía Iglesias.
- IES Praia de Barraña, coa informanta Pili Ouviña e os cómplices Paula Cereixo e Camila Bossa.
- IES Félix Muriel, coas informantas Rosana e Eva e e os cómplices Gon Caride, Felipe Guerra, Ricardo de Barreiro e Sara Traba.
- IES de Sar, coas informantas Marga Vidal Ozores e José Bandín Vidal e os cómplices Andrés Goteira, Jorge Rivero e Alberto Díaz.
Créditos
Os cineastas que traballaron coa rapazada foron Sara Ferro, Lucía Iglesias, Gon Caride, Felipe Guerra, Ricardo de Barreiro, Sara Traba, Paula Cereixo, Camila Bossa, Andrés Goteira, Alberto Díaz e Jorge Rivero.
No equipo técnico desta fermosa tolemia chamada Muchachada Matiné estiveron: Cristian Silva, Yaiza Vicente, Javier Paz, Alexandre Muñiz, Sergio Ballesteros, Emma Blanco, Xabier Rodríguez, Miguel de Lira, Pablo Chouza, Javi (Chiringuito da Retorta) e Core (Abadía de San Enrique).





