IES Chapela
Baseado no relato homónimo de Carlos Casares, “Coma lobos” narra en modo flashback a historia dunha detención e o seu tráxico desenlace. Silencio, memoria e dignidade danse cita nun contexto no que a violencia se normaliza e o temor á represión condiciona as nosas relacións. A partir da historia do Roxo, e en medio da súa traxedia, reflexionamos sobre as persoas que arriscan na vida e manteñen acesa a nosa esperanza.

