Estou contigo

Featured Video Play Icon

IES Chapela

Baseada no relato “Estou contigo”, da obra Made in Galiza de Séchu Sende, esta curta narra unha historia de identidade, orgullo e compromiso. O compromiso coa lingua, co que é noso e nos fai ser. Un compromiso non sempre fácil de asumir, que implica remar contracorrente nun momento vital en que este se converte no maior reto, pero un compromiso sempre necesario e reconfortante. “Estou contigo” son as verbas reveladoras dunha nova forma de estar no mundo, é unha declaración de intencións cara á verdade. A nosa verdade.