O chichón do pasado

Featured Video Play Icon

CEIP Ramón de la Sagra
O que comeza como unha clase máis sobre o descubrimento de América convértese nunha aventura completamente inesperada cando un accidente na sala multiusos fai que un grupo de alumnos comece a ver o mundo como se realmente estivese en 1492.

De súpeto, profesorado convertido en raíñas, caramelos que parecen moedas de ouro, patios transformados en océanos e compañeiros tratados como tripulacións dunha expedición imposíbel mergullan ao grupo nunha viaxe tan absurda como épica.

Entre humor, fantasía e referencias históricas pasadas polo filtro da imaxinación infantil, o alumnado acabará descubrindo que ás veces a aventura máis grande non está nos libros de Historia… senón na maneira de mirar o mundo.