Log Out

Featured Video Play Icon

IES Rafael Dieste

O que comeza como unha simple broma nunha aula de informática convértese nun auténtico pesadelo cando alguén utiliza a conta doutro alumno para enviar un correo comprometido a unha profesora.
A partir dese momento, rumores, sospeitas e protocolos institucionais activan unha espiral cada vez máis absurda e inquietante.
Mentres profesorado, orientación e incluso a policía intentan descubrir a verdade, un alumno inocente queda atrapado nunha situación que non entende.
En clave de falso documental, o curto explora como unha pequena irresponsabilidade dixital pode ter consecuencias enormes no mundo real.
Porque ás veces pechar sesión pode parecer unha tontería… ata que xa é demasiado tarde.