IES Puga Ramón
Durante unha clase de Bioloxía, un grupo de alumnos baixa ao soto do instituto para buscar unhas caixas cheas de setas.
O que parece unha tarefa absurda para librarse da clase convértese pouco a pouco nun descenso cada vez máis escuro, húmido e inquietante.
Mentres baixan plantas sen fin, o espazo deixa de ter sentido e a sensación de estar atrapados medra a cada paso.
Ata que descubren algo imposible: xa levan nas mans as caixas que supostamente aínda estaban buscando.
E cando regresan á aula… comproban horrorizados que eles mesmos seguen sentados nos seus pupitres, como se nunca marchasen de alí.

