IES Ramón Menéndez Pidal
Lois leva tempo sufrindo ameazas, humillacións e extorsións por parte de dous rapaces do instituto que agochan a súa violencia detrás das bromas.
Mentres tanto, dúas compañeiras quedan cun rapaz coñecido por internet pensando que será unha tarde normal… a pleno sol, nun parque cheo de xente.
Pero pouco a pouco as máscaras empezan a caer, e o que parecía inofensivo convértese nunha situación cada vez máis incómoda e perigosa.
Cando todo comeza a torcerse, Lois decide facer algo que nunca antes se atrevera a facer: plantar cara.
Un curto intenso sobre o acoso, a presión social e ese momento exacto no que alguén decide deixar de ter medo.

