CEIP Torre de Hércules
Que pasaría se unha maleta antiga fose por un día unha máquina do tempo? Cando a súa mestra lles propón crear historias a partir dos obxectos que garda esa maleta, un grupo de rapaces e rapazas viaxa sen sabelo ata 1948.
Seguindo o rastro da emigración galega, vivimos unha historia de ida e volta entre as dúas beiras do Atlántico.
Unha homenaxe á nosa memoria migrante e a todas as familias dáquí e dacolá.

