Canto medraches

Featured Video Play Icon

CEIP Zalaeta

Nunha aula aparentemente normal, un profesor intenta facer reflexionar ao alumnado sobre a responsabilidade, a madurez e a necesidade de deixar atrás determinadas crenzas infantís. Pero pouco a pouco, a conversa transforma a clase nun espello incómodo onde realidade, memoria e imaxinación comezan a mesturarse.

Mentres o alumnado reivindica o valor de seguir soñando, de xogar e de conservar viva a capacidade de mirar o mundo con ollos de infancia, a escena vai adquirindo unha dimensión cada vez máis emocional e simbólica.

Canto medraches! é unha historia sensible e poética sobre o paso do tempo, a perda da imaxinación e esa parte de nós que ás veces esquecemos ao medrar.