IES Espiñeira
Unha adolescente de 16 anos ve como a súa vida cambia por completo ao crer que está embarazada. Mentres espera o resultado dun test de embarazo, imaxina un futuro cheo de responsabilidades, medo e soidade: abandonar os seus soños, afastarse dos seus amigos e afrontar o rexeitamento e a indiferenza do seu mozo, que desaparece cando máis o necesita. A moza atravesa emocionalmente o peso dunha maternidade temperá e as consecuencias de crecer demasiado rápido. Finalmente deixa unha reflexión sobre o medo, a presión e as decisións que poden cambiar unha vida.

