IES Félix Muriel
Curtametraxe inspirada no relato ‘O Suso’ de X.L. Méndez Ferrín que nos achega á relación entre Manolito e o Suso, o abusón da aldea. Mesturamos realidade e soño nun final inesperado baixo o paraugas da natureza e a morte. A curta foi gravada na aldea de Buía, Rianxo e co permiso do mestre Ferrín.

