IES Agra do Orzán
Un grupo de estudantes queda castigado un venres pola tarde ata que alguén confese quen roubou o móbil dunha compañeira.
Coa profesora fóra da aula e a porta pechada con chave, o ambiente vai volvéndose cada vez máis incómodo e paranoico.
Cando descubren á profesora tirada no corredor e incomunicados sen móbiles, o medo e as sospeitas estalan entre eles.
Pero todo cambia cando aparece un iPhone escondido no peto dunha das alumnas… e a verdade comeza a saír á luz.
Un thriller escolar cheo de tensión, cámaras de seguridade e unha trampa perfectamente preparada para descubrir ao culpable.

