Filla de emigrantes galegos en Suiza, e agora presentadora, actriz e produtora circunstancial de pequenos formatos para o audiovisual.
Ata hai ben pouco, conduce un programa de viaxes e entrevistas na Televisión de Galicia: “Pasaporte Galego”.
Como actriz dáse a coñecer en Mareas Vivas, quizáis a serie con máis identidade galega de toda a historia de televisión. No cine ten o privilexio de participar na triloxía da emigración: “Un Franco 14 Pesetas”.
Ámbolos dous proxectos, xunto con Pasaporte Galego, son proxectos moi identitarios da súa persoa, onde vida profesional e persoal se mesturaron máxicamente como particularidade.
Desde 2002 é Delegada de Aisge en Galicia, e é membro da xunta diretiva da Academia Galega do Audiovisual.
Tamén adoita ser colaboradora habitual de diversos festivais de cine en Galicia.
En orixe, de formación é tradutora e intérprete, e deféndese na fala e na escrita en 7 idiomas.