Ricardo de Barreiro

Actor e creador galego cunha ampla traxectoria no ámbito audiovisual, escénico e artístico. Como intérprete, participou en proxectos destacados como El caso Asunta, Los enviados, Rapa, Fariña, Matalobos, Malencolía, Celda 211, After, Los girasoles ciegos, Lobos sucios, El desconocido, Somos gente honrada, Luci, Encallados ou 18 comidas.

No ámbito das artes plásticas, desenvolveu proxectos como “Ecografías do desamor”, “Amores autodidactas” ou “Ilotes”. Tamén é autor do poemario “Sobre o desamor e outras mariconadas” e do audiolibro “A+A”.

Actualmente compaxina o seu traballo como actor cun proceso creativo máis persoal e introspectivo que toma forma no proxecto “De retorno a Ātman”.