Adeus vista dos meus ollos

Featured Video Play Icon

IES Castro Alobre
Adeus vista dos meus ollos” é un documental, dirixido por Marisa Moreda, que nace co obxectivo de dar voz e visibilizar as historias e vivencias das crianzas que migran, que traen na súas retinas eses apegos que un día tan ben retratou Rosalía de Castro, eses “adeus” ás amigas, ás profesoras, ás familiares, ás paisaxes, aos fogares… e tamén ese “non sei cando nos veremos” que alude á viaxe incerta que emprenden e a esperanza de regresar.

Os discursos dos/as protagonistas, contados desde o eu máis íntimo, pretenden contrarrestrar os discursos de odio que por veces aflora nas aulas sobre a poboación migrante, fomentando a construción da empatía e o empoderamento comunitario.

Este traballo documental esperemos que vaia crecendo e alimentándose dos ollos e das voces que o visualicen, desde as perspectivas particulares ata as colectivas, co fin de construírmos un discurso transformador e dialogante.

Música: Zavala (Ferror Records)