IES RÍO MIÑO
Documental que trata sobre a fortaleza de Caldaloba, un lugar de grande importancia histórica situado a poucos quilómetros do I.E.S. Río Miño.
Neste documental queriamos recoller non só a súa relevancia para a historia de Galicia, senón tamén descubrir o significado que ten para os veciños da zona.
Aínda que a reportaxe se presenta aquí como unha peza única, en realidade está pensada para ser dividida en varios fragmentos, cada un deles vinculado a un código QR situado no camiño que conduce ata a fortaleza.
Deste xeito, as persoas que se acheguen a Caldaloba poderán coñecer a súa historia a medida que camiñan cara á torre.