Carballeira derramada

Featured Video Play Icon

IES Alexandre Bóveda

Esta curtametraxe foi gravada durante os meses de abril e maio de 2025 na “Carballeira de Casaliños”, no lugar da Barroca (Navia, Vigo);
un lugar que está en perigo pola proxección dunha construción dun macro-espazo para concertos e outros eventos…

Ante o silenciamento do movemento veciñal por partes interesadas no proxecto, desde o IES Alexandre Bóveda o alumnado do grupo de 3º ESO B berra contra a destrución deste lugar coa realización deste traballo de creación audiovisual.

Con esta peza, o alumnado traballou na concienciación medioambiental e na defensa dun espazo verde da súa contorna, que está en vías de desaparición.

NON NOS VAN CALAR!