CEIP Torre de Hércules
No barrio de Monte Alto achégase o San Xoán. Un grupo de amigos e amigas organízase nos últimos días de cole para preparar todo para a festa: a leña, as herbas e as sardiñas. Porque non hai San Xoán sen sardiñas! Unha historia que nos leva ata as tradicións dunha das festas máis máxicas de Galiza e da nosa contorna.
Proxecto final do PDI “Tróupele, tróupele” da @biblioxanela sobre festas tradicionais e populares de Galiza.