O pobo que canta nunca morre

Featured Video Play Icon

CEIP Juana de Vega

Na praza dunha vila onde semella que nada cambia, a misteriosa presenza da vella Balbina esperta a curiosidade dun grupo de nenos e nenas. Cando atopan unha ferreña antiga na vella eira, inícianse nunha viaxe de descuberta onde os ecos do pasado resoarán con forza no presente. Unha homenaxe á tradición oral e á forza das voces das mulleres que cantaron antes ca nós.
Unha curtametraxe escolar feita por alumnado de 6º de primaria do curso 2024-2025. Unha tarefa de dramatización das aulas de música que grazas ao compromiso e talento tornou nunha experiencia audiovisual inesquecible.