Seres de Luz

Featured Video Play Icon

Universidade de Vigo

“Seres de Luz” é un documental poético que manifesta a mirada persoal que o autor ten acerca da luz, entendida como un elemento fundamental no desenvolvemento da vida. E en como esta inflúe na percepción e nas emocións humanas.

O documental está dividido en tres actos que abordan, de diferente forma narrativa e visual, ideas e conceptos relacionados coa influencia que a luz ten no cosmos e na percepción do ser humano.

O primeiro acto, “Memoria fotosensible”, aborda os conceptos de “recordo” e “memoria” como un proceso fotosensible que nace e perece en cada individuo. Unha analogía entre a percepción humana e a fotografía.

O segundo acto, “Equilibrio universal”, mostra unha mirada máis colectiva do mundo. Abandónase a introspección persoal do primeiro acto para expoñer a contorna que rodea ao individuo. Este acto diminúe a carga metafórica e poética, pois presenta imaxes cun carácter máis documental.

O último acto, “Realidade decimal”, representa dunha maneira explícita a idea de “como a luz modifica a nosa maneira de percibir a realidade e os sentimentos que provoca”. O acto mostra paisaxes filmadas de maneira estática en diferentes horas do día, apreciando como un mesmo lugar pode cambiar tanto unicamente modificando a súa luz.