Manuela Pereira Enríquez (Lalín, 1998) é creadora transdisciplinar. Graduada en Historia da Arte (USC) e máster en Humanidades: Arte, Literatura e Cultura Contemporánea (UOC), formou parte de programas curatoriais como On Mediation (UB), Bar Project, A Mediación na arte e na cultura (Escola Massana) e da 9º edición do PEI do MACBA, museo onde tamén foi investigadora residente coa beca Innovación nas Artes Visuais da Generalitat de Catalunya.
En 2025 foi galardoada co Premi Sala d’Art Jove Creació e comisaria da mostra En aquell llindar on, seleccionada na convocatoria Subtrames, unha colaboración entre Homesession, SaJ e a Facultat de Belles Arts da UB, no marco de Art Nou 2025. Este mesmo ano colaborou coa National Gallery of Scotland en Edimburgo e coa proposta Reluctant Gardener no festival Culturgest (Portugal).
A súa práctica artística abrangue a escrita, o comisariado e o traballo audiovisual, con pezas presentadas no Festival Curtocircuíto, nos Premios Fouciño e na Trienal de Sarria 2025. Publicou textos e pezas poéticas en B/Erro Interno (Malafera), 8 Textos motorizados (Escola Unitaria e Irmás Cartoné), Falar en Imaxes (UVigo) e é autora de varias publicacións propostas dende o Macba como Siempre a la moda Teresa ou Pelotas, no contexto da exposición Cançó per molts moviments, onde tamén participou cunha conferencia performativa xunto ao grupo Reparación-Liberación. Círculo de Lectura Transoceánico.