Misha Bies Golas

Lalín, Pontevedra, 1977. Artista visual formado no campo da fotografía e do deseño gráfico.

A súa obra abrangue diferentes disciplinas, centrándose na acumulación de materiais de refugallo, libros e obxectos diversos.

Actualmente é membro do colectivo NEG (Nova escultura Galega), xunto con Alejandra Pombo Su, Diego Vites e Jorge Varela.