As nosas propostas para as aulas
A continuación deixámosche unha táboa na que podes atopar información ordeada de películas galegas segundo autoría, duración, tema e ano de produción. Incluímos unha breve sinopse para que vexas de que forma che pode ser útil nas túas aulas.
As películas que son visibles en aberto levan o enlace inserido, para facilitarche a busca. As websque máis cine galego albergan son Agalega e Galiciale. Esta última é unha plataforma de préstamo da Rede pública de Bibliotecas de Galicia. É moi doado rexistrarte e unha vez feito podes alugar gratuitamente libros e películas.
Título | Autor | Ano | Duración | Xénero | A partir de... | Sinopse |
---|---|---|---|---|---|---|
Dhogs | Andrés Goteira | 2017 | 85 | Thriller | 3º ESO | Historias entrecruzadas revelan a brutalidade e pasividade social. |
Encallados | Alfonso Zarauza | 2013 | 65 | Social | 3º ESO | Historia de metalinguaxe sobre o cine galego actual. |
Crebinsky | Enrique Otero | 2011 | 90 | Comedia | 1º ESO | Dous irmáns na procura da súa vaca en terras de Ortegal, 1940. |
Nación | Margarita Ledo | 2020 | 92 | Social | 3º ESO | Historia da loita sindical das traballadoras da fábrica de louza Pontesa (Arcade). |
A entrevista | Susana Sampedro, Fernando Tato | 2022 | 10 | Social | 1º ESO | Unha entrevista de traballo nunha revista de moda que se vai enrarecendo. Sara descubrirá que ten unha conta pendente con Laura, a súa entrevistadora. |
Os días afogados | Cesar Souto, Luis Avilés | 2015 | 86 | Social, territorio | 2º ESO | Últimos rexistros das aldeas Aceredo y Buscalque, anegadas pola construción do encoro de Lindoso, que as sumerxiu baixo a auga. |
Matria | Álvaro Gago | 2017 | 21 | Social | 1º ESO | Retrato da vida de Ramona, unha traballadora de conserveira e ama de casa. |
Sandwich cat | David Fidalgo | 2023 | 10 | Comedia | 1º ESO | David vive só co seu gato Sandwich. Un día coma calquera outro recibe unha visita inesperada que o conduce a unha reflexión crucial para a humanidade. |
A esmorga | Ignacio Vilar | 2014 | 107 | Literatura | 3º ESO | Película basada no libro homónimo "A Esmorga" de Eduardo Blanco Amor. |
Malencolía | Alfonso Zarauza | 2023 | 75 | Terror | 3º ESO | Historia de terror nunha aldea. A tensión entre a veciña e os dous chegados vaise facendo cada vez máis estrana. |
Mentres iso pasa | Nacho Ozores | 2020 | 8 | Saúde mental | 1º ESO | As obsesións e compulsións de Nico non lle permiten facer unha vida normal, pero por sorte atopa a alguén que lle pode botar unha man. |