IES Virxe do Mar
Inspirada no comezo da película Space Odyssey (2001). Esta curtametraxe é unha reflexión sobre como as tecnoloxías afectan ás nosas vidas, dende o xeito no que desenvolvemos as nosas relacións persoais, ata a nosa capacidade de concentración, a forma en que adquirimos coñecementos, ou o criterio que utilizamos para darlle credibilidade e filtrar a información que recibimos.
Nesta historia futurista, un grupo de rapaces vive adicto e dependente das pantallas, permanecendo illados por mor dos seus teléfonos móbiles. Nada apunta a que isto vaia cambiar… ata que atopan un obxecto descoñecido.
Unha curtametraxe realizada polo alumnado da materia Cultura Audiovisual de 1º de Bacharelato do IES Virxe do Mar de Noia no ano 2025.