Olloboi 2025

Recta final!!

De 41 centros educativos aceptáronse 58 curtas escolares, algunhas delas procedentes do País Vasco e Portugal. Deixámosvos aquí abaixo as finalistas en cada categoría 👇

Do día 2 ó 5 de xullo ofrecémosvos a sección OlloboiPRO, un programa coas curtas de animación que triunfaron internacionalmente no pasado ano. Será nos centros sociais de Boiro (luns, martes e mércores) e Cabo de Cruz (xoves), para alumnado e familias.

O venres 6 de xuño celebraremos a festa. De 10.00h a 14.00h recuperamos a Muchachada, un encontro entre cineastas, escolas e veciñanza de Boiro do que xurdirán micropezas realizadas nesa mesma mañá.

  • O equipo cómplice é: Jon Santamaría, Cris Iglesias, Carmen Méndez, Isabel Blanco, Miguel de Lira, Manuela Pereira, Marcos Budiño, Ricardo de Barreiro, Sandra Sánchez, Jorge Rivero, Felipe Guerra e Misha Bies Golas.
  • Os coles participantes son: CEIP Curros Enríquez, Coruña; IES Ramón Cabanillas, Cambados; CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, Dodro; IES A Cachada, Boiro.
  • As veciñas son, por agora, segredo de sumario 🤫

A partir das 18.00 xuntarémonos na Abadía de San Enrique. Da man de Sabela Hermida e Fede Pérez, e coa colaboración da Escola de Música de Boiro, propoñémosvos o seguinte programa:

  • 18:30, Proxeccións OlloBoiro - curtas elaboradas nas escolas de primaria do concello.
  • 19:00, Proxeccións Muchachada - as pezas gravadas esa mesma mañá, fresquiñas do día!
  • 19:30, gala de entrega de premios.
  • 20:15, merendola con arrós mariñeiro e foliada. Traede gana de cantar!

Se es finalista, parabéns! non faltes á gala para recibir o teu premio ou diploma de mans do noso Equipo Cómplice.

Todo o mundo está convidado, igualmente, a participar con nós da celebración. Vémonos en Boiro!

categorías edición 2023

FINALISTAS

VÍDEOS EDICIÓN 2025

Polo momento non temos ningunha peza, inscríbete para que a primeira sexa a túa!

Cómplices 2025

Patrocinadores e Colaboradores

OlloCentros 2025!