O Olloboi'25 supuxo unha volta ó formato clásico do festival, pero cun reforzo na estrutura que nos dá azos para seguir e mellorar. Participaron 41 centros educativos con 58 curtas escolares, algunhas delas procedentes do País Vasco e Portugal.

Como seccións paralelas do festival, durante o mes de maio tivo lugar un programa de formación nas escolas de Boiro, o OlloBoiro, patrocinado por Rianxeira, JJ Chicolino, Eroski e Deleite. Do día 2 ó 5 de xullo convocamos ás familias en horario de tarde, nos centros sociais, para o OlloboiPRO, un programa coas curtas de animación que triunfaron internacionalmente no pasado ano.

O venres 6 de xuño celebraremos a festa. De 10.00h a 14.00h recuperamos a Muchachada, un encontro entre cineastas, escolas e veciñanza de Boiro do que xurdirán micropezas realizadas nesa mesma mañá.

  • O equipo cómplice foi: Jon Santamaría, Sabela Hermida, Isabel Blanco, Miguel de Lira, Manuela Pereira, Marcos Budiño, Ricardo de Barreiro, Sandra Sánchez, Jorge Rivero, Felipe Guerra e Misha Bies Golas.
  • Os coles participantes foron: CEIP Curros Enríquez, Coruña; IES Ramón Cabanillas, Cambados; CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, Dodro; IES A Cachada, Boiro.
  • As veciñas foron as cantareiras de Mar de Cabo.

A festa transcurriu a partir das 18.00 na Abadía de San Enrique. Da man de Sabela Hermida e Fede Pérez, e coa colaboración da Escola de Música de Boiro, vimos as curtas elaboradas nesta edición e entregamos os premios. Pechamos a festa cun fenomenal arrós mariñeiro, de balde, e a pinchada do veciño Benxa, dos Lakazans. Un luxo!

Vídeo Olloboi 25

PREMIO OLLOBOI PEQUE:

  1. Conexión, CEIP Torre da Cela
  2. Máxica, CEIP Santa María do Castro

PREMIO OLLOBOI ESO:

  1. La pieza que falta, Fundación Zaragueta Zulaica Fundazioa
  2. Ex aequo: Estoy entre vosotros, IES Blanco Amor e Teoría da Relatividade, IES Rego de Trabe

PREMIO OLLOBOI BACH/CICLOS:

  1. Reading Odissey, IES Virxe do Mar de Noia
  2. Ex aequo: Segundos eternos e Su otro reflejo, ambos do IES Blanco Amor

PREMIO OLLOBOI +18: En el valle de la perseverancia, UVigo

PREMIO OLLOBOI 2030 (identidade, cine, terra): Que castróns son, CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, Dodro

PREMIO OLLOBOI PT:

  1. A Princesa na Torre, Frei Bartolomeu dos Mártires
  2. Erros Meus, Má Fortuna, Amor Ardente, Carteado Mena

MUCHACHADA: E imos andando así, IES A Cachada

Así foi o Olloboi 2025

Olloboi 2025

FINALISTAS

Polo momento non temos ningunha peza, inscríbete para que a primeira sexa a túa!

Vídeos Edición 2025

Cómplices 2025

Patrocinadores e Colaboradores

OlloCentros 2025!